

O taller
Madeira, oficio e paciencia
O Gramil de Marcos é un taller de carpintaría onde cada peza se pensa, se debuxa e se traballa a man.
Móvenos o gusto polo oficio ben feito: escoller a madeira, respectar a súa veta e coidar os detalles que non se ven pero que fan que un traballo dure toda a vida. O nome vén do gramil, a ferramenta coa que se marca a liña exacta antes do primeiro corte. Coñece os nosos servizos e traballos, ou escríbenos.
Estamos no Polígono de Amoedo, en Pazos de Borbén (Pontevedra). Dende aquí deseñamos, fabricamos e instalamos cada traballo.
Medir dúas veces.
Cortar unha.
O Gramil de Marcos
Como somos
01
Feito a medida
Cada encargo parte do teu espazo e da túa forma de vivilo.
02
Materiais nobres
Traballamos madeiras seleccionadas e acabados que envellecen ben.
03
Trato directo
Falas con quen deseña e fabrica a túa peza, da primeira idea á instalación.
O que facemos
Do taller á túa casa
PortasPorchesCociñasEscaleirasMobles a medidaEstruturas en madeira

