Traballamos a madeira de principio a fin: deseñamos, fabricamos e instalamos cada peza a medida, con materiais seleccionados e acabados que perduran. Mira os nosos traballos ou pide orzamento sen compromiso.

01
Escaleiras
Escaleiras rectas, curvas ou de chanzos voados, con varandas e revestimentos de madeira a medida.

02
Portas
Portas de entrada, interiores e de exterior en madeira maciza, con ferraxes e acabados pensados para durar.

03
Cociñas
Cociñas a medida con mobles de calidade, ben aproveitadas e fáciles de limpar.

04
Armarios empotrados
Armarios ata o teito, baixo escaleira ou baixo cuberta, que aproveitan cada currunchiño.

05
Porches e estruturas
Porches, pérgolas, vigas e estruturas de madeira para obra nova e rehabilitación.

06
Mobles a medida
Aparadores, cabeceiros, mobles de salón e pezas únicas para a túa casa.
Preguntas frecuentes
O que adoitan preguntarnos
O orzamento ten algún compromiso?
Non. Cóntasnos o que precisas, vémolo contigo e dámosche un orzamento sen ningún compromiso.
Facedes traballos totalmente a medida?
Si. Todo o que facemos deséñase e fabrícase a medida no noso taller: portas, porches, cociñas, escaleiras, armarios, mobles e estruturas de madeira.
Encargádesvos tamén da instalación?
Si. Ocupámonos de todo o proceso: medición, deseño, fabricación e instalación na túa casa.
Onde está o taller?
No Polígono de Amoedo, Barrio da Igrexa nº 12, Pazos de Borbén (Pontevedra).
Como pido orzamento?
Chama a Marcos ao 692 838 767, escríbenos por WhatsApp ou a marcos.gramil@yahoo.es, ou usa o formulario da páxina de contacto.
